Anxo Lugilde presenta o seu libro “A vella compañeira” este venres na UNED de Lugo

O escritor e xornalista Anxo Lugilde presentará o seu libro A vella compañeira, no que narra a súa loita contra a depresión de forma autobiográfica. Farao acompañado de Alfonso Álvarez Riveiro, director de El Progreso, de Marta Veiga Izaguirre, xornalista e profesora asociada da USC e de Ana Belén Traseira Pena, a directora do Centro Asociado.

Anxo Lugilde é correspondente de La Vanguardia en Galicia e Portugal, así como colaborador do Via Lliure de RAC1. Naceu en Lugo, en 1970, pero pasou a infancia en Cataluña. Sofre depresión desde fai máis de trinta anos. En 2020 fíxoo público en redes para loitar contra a estigmatización. É autor de varios libros sobre política galega e emigración, como De Beiras a Podemos, Voto emigrante e Argentina.

Poderase asistir de forma online ou presencial, en directo ou en diferido, o 5 de novembro, ás 19:00 horas.

Dispón de máis información e acceso á matrícula (gratuíta) en:

https://extension.uned.es/actividad/25702&codigo=PDLAV