A UNED De Lugo gaña por segundo ano consecutivo o “Premio Nacional do Consello Social da UNED ás boas prácticas” dotado cunha contía de 5.000 €
A Comisión de Xestión Interna do Consello Social resolveu premiar a “boa práctica” posta en marcha polo Centro Asociado de Lugo na convocatoria 2021. O premio ten unha contía de 5.000 euros e supón un recoñecemento ao bo facer do Centro da UNED de Lugo en materia sustentabilidade e contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU.
#LugoNaturalMente, a aposta da UNED polo desenvolvemento sostible
O proxecto #LugoNaturalMente, que foi galardoado, é unha iniciativa a prol dun cambio sostible na sociedade luguesa. Dende a UNED de Lugo estase a traballar para transformar a provincia de Lugo nun referente natural poñendo en valor a súa riqueza ambiental.
Outra das apostas dentro deste proxecto é contribuír á loita contra o cambio climático para que o noso legado sexa un planeta mellor para as futuras xeracións.
Ademáis, outra das liñas estratéxicas é exercer como motor de cambio a prol dun modo de vida máis sostible para a sociedade luguesa.
Para rematar, en consonancia coa nosa aposta por xerar sensibilidade cos retos globais, a UNED está implicada na divulgación e consecución da Axenda 2030 da ONU e o seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Algo que se reflicte na canle en liña #PlanetaODS 2.0, onde se aliñan as principais efemérides socioambientais do ano cos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Recentemente, foran galardoadas polo observatorio ODS da UNED a nivel nacional dous proxectos da UNED de Lugo #PlanetaODS 2.0 e Foz 2030.
- Vídeo da Boa Práctica premiada: https://www.youtube.com/watch?v=Xo6ifTcY41E
- Descrición da boa práctica premiada.pdf
Neste momento a UNED de Lugo mantén aberta a matrícula para o curso 21-22 ata o día 10 de novembro.