Curso “e-UNED: primeros pasos”

Este ano, ao igual que o anterior,  ponse á disposición dos alumnos que se matriculan por primeira vez na UNED o curso “e-uned: primeros pasos” como unha acción máis do plan de acollida virtual. O curso comezará  o luns 20 de outubro de 2014 e finalizará o 14 de novembro de 2014.  Desenvólvese en ALF  ( http://2015.cursosvirtuales.uned.es ) nun subgrupo da “Comunidad de Acogida” de cada facultade denominado “e-UNED: primeros pasos”. O alumno deberá solicitar a alta neste subgrupo. O obxectivo desta formación é facilitar a incorporación do estudante novel á Uned a través da realización dunha serie de actividades nun curso virtual. O devandito curso é voluntario e gratuíto. Recoñécese 1 crédito ECTS.

Máis información no cartel do curso e na guía para darse de alta.