Firma do convenio entre la UNED de Lugo e a AEGC- Asociación Española de Guardias Civiles

O representante da AEGC-Asociación Española De Guardias Civiles, o brigada D. José Luis Raposo, xunto á directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena, firmaron esta mañá un convenio de colaboración para crear sinerxias entre ambas entidades.
Este acordo permitirá a creación dende a universidade de actividades dirixidas aos colectivos de Forzas e Seguridade do Estado, así como descontos en matrícula en toda a programación de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.
A directora do Centro, Dona Belán Traseira Pena, aproveitou tamén a ocasión para agradecer a implicación e colaboración institucional de toda a Comandancia da Garda Civil de Lugo, e en especial a do seu coronel, D. Miguel Ángel González Arias.