Cuestionarios de valoración docente, titorial e de servizos de Centros Asociados

Desde o día 21 de abril están activos para os alumnos os seguintes cuestionarios:

  • Cuestionario de valoración dos Servicios Xerais dos Centros Asociados.
  • Cuestionarios de valoración da Actividade Docente Presencial de cada unha das materias.
  • Cuestionarios de valoración da Actividade Tutorial Presencial de cada unha das materias.

Para responder hai que acceder a Campus UNED e, unha vez na páxina do estudante, débese facer click sobre “Acceso” da zona Cuestionarios. Estará activo ata o 22 de xuño de 2015.
As respostas dadas son confidenciais e aos Directores dos Centros Asociados unicamente se lles proporciona información estatística agregada que lles servirá para o establecemento de plans e accións de mellora.
Unha vez pechado procederase á análise das respostas e, uns días despois do peche, faranse públicos os resultados no Portal Estatístico do Estudante para o centro asociado. Pódense consultar os resultados das valoracións de cursos anteriores no Portal Estatístico no apartado “Cuestionarios”.

Por acordo do Consello de Goberno da UNED, e soamente para as materias de Grados, por cada 20 cuestionarios respondidos, concederase 0,5 créditos (ECTS). Desta concesión informarse ao estudante unha vez que a unidade administrativa que xestiona a titulación comprobe que non se cubriu a cota de concesión de créditos por este tipo de actividade ou similares.