A UNED de Lugo celebra as súas V Xornadas Aprendendo Feminismo

Aberto o prazo de matrícula.
Na súa quinta edición, estas Xornadas sumaranse á conmemoración do trixésimo aniversario da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller e a aprobación da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing (1995), así como aos dez anos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Este aniversario deberá empregarse para intensificar a relación coa xeración nova en favor da igualdade de xénero e incorporar a aquelas persoas que aínda permanecen a marxe. Ao unir forzas, gobernos e sociedade poden superar e erradicar as causas subxacentes da desigualdade entre mulleres e homes, para trazar o camiño cara a unha igualdade real, con igualdade de dereitos e oportunidades.
Con motivo do trixésimo aniversario da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller, a Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller das Nacións Unidas levará a cabo en marzo de 2025 un exame e unha avaliación dos avances na aplicación da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing e acelerará a consecución da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas.
Participarán nelas: Concepción García Vázquez, técnica superior en Transporte e Loxística, promotora e presidenta da PFRG -Plataforma do Feminismo Radical de Galicia- dende a súa formación até principios de 2024, membra da Asociación Terra Feminarum; Elena Grandío de Fraga, excoordinadora de Médicos sen Fronteiras, enfermeira; Luisa Grandío de Fraga, profesora de Secundaria de Inglés, membra do Foro Feminista de Lugo; Mª Carmen Díaz Simón, pedagoga, orientadora, de Educadoras para a Paz- Nova Escola Galega, presidenta do Foro Feminista de Lugo; María del Carmen Abuin González, licenciada en Xornalismo e en Publicidade e Relacións Públicas (pola UPSA) e docente en Igualdade, membra do Foro Feminista de Lugo.
Realizarase online ou presencial o 25 de marzo, de 16:30 a 20:30 horas.
Máis información e matrícula: