Conferencia na UNED de Lugo: “Bulos climáticos. Como defenderse ante a desinformación”

O vindeiro xoves 27 de marzo de 2025 ás 17:30 h, a UNED de Lugo acollerá a conferencia titulada “Bulos climáticos. Como defenderse ante a desinformación”, un evento centrado na proliferación de mitos relacionados co cambio climático e nas estratexias para identificalos e combatelos con base científica.
A sesión será impartida por Emilio Macía e Iván Vázquez, dous estudantes que culminan con esta presentación as súas prácticas no programa “Centros ODS”, dentro do equipo do proxecto #LugoNaturalMente da UNED de Lugo.
Durante a conferencia analizaranse algunhas das falsidades máis comúns arredor do cambio climático e presentaranse datos contrastados procedentes de estudos e publicacións de organismos recoñecidos internacionalmente, como o IPCC, a ONU e outras institucións científicas.
O obxectivo desta iniciativa é dotar ás persoas asistentes de ferramentas útiles para detectar e desmontar bulos climáticos, favorecendo unha comprensión crítica e rigorosa da información ambiental, e contribuíndo así a evitar a confusión social provocada, en moitos casos, de maneira intencionada.
A asistencia é de balde, pero require inscrición previa.
👉 Inscrición en liña:
https://extension.uned.es/actividad/43795&codigo=BCCDA