A UNED de Lugo imparte unha actividade sobre a emerxencia climática no CPR Maristas de Lugo

A UNED de Lugo, en colaboración co CPR Marista A Inmaculada de Lugo, impartiu unha actividade sobre a Crise Climática ao alumando do primeiro curso da ESO. A conferencia recollida baixo o nome de “Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible”, está amparada dentro de #LugoNaturalmente, un proxecto de divulgación ambiental da Universidade.
Os biólogos da UNED Lugo, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García, foron as persoas encargadas de desenvolver a actividade. O contido da charla tratou de contextualizar historicamente a crise climática actual para despois levar a cabo un pequeno test grupal cos estudantes.
Con este, engádese un novo relatorio aos xa impartidos no nome desta iniciativa que ten como finalidade a creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.