A UNED de Lugo organiza a segunda edición do seu curso básico sobre Mitoloxía

Aberto o prazo de matrícula
As historias de mitos e lendas seguen cativando hoxe en día a maiores e a pequenos, isto débese tanto aos propios mitos como ás obras de arte inspiradas neles, creadas ao longo da Historia.
Coa Mitoloxía podemos chegar a entender o mundo simbólico que nos rodea e atopar un significado a través das nosas experiencias. Imos poder explorar, a través dos mitos, temas universais como son a morte, o amor, o destino… Estas historias son transmitidas de xeración en xeración e forman parte da identidade cultural de cada unha das sociedades en que se crearon, xa que cada cultura ten a súa propia mitoloxía.
Participa nesta actividade Raquel Iglesias Rodríguez, licenciada en Historia da arte, profesora titora UNED Lugo e coordinadora de Extensión Universitaria do centro.
Realizarase online e presencial, do 25 de novembro ao 10 de decembro, de 10:30 a 12:30 horas.
Máis información e matrícula: