Coñece a historia da moda a través da literatura na segunda parte deste obradoiro que ofrece a UNED de Lugo

Aberto o prazo de matrícula

Se rastrexamos a presenza da moda nas diferentes obras literarias, veremos canto nos desvela acerca das sociedades e das persoas que as forman ao longo das diferentes épocas.

Tras o estudo da primeira parte deste tema, que abarca dende a antigüidade até o Barroco, neste curso continuamos indagando ao redor da presenza da moda nos textos literarios. Para iso, continuamos o percorrido dende o século XVIII até a actualidade.

Participa nesta actividade Laura López-Leitón, licenciada en Filoloxía Hispánica na Universidade de La Laguna, escritora e docente.

Realizarase online, do 10 ao 25 de marzo, de 17:00 a 19:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/41055&codigo=TDMAT