A UNED remata con nota as probas presenciais da convocatoria de febreiro 2022

Máis de 210.000 probas presenciais en 61 centros nacionais, 22 sedes internacionais, máis de 250 exames en embaixadas e en bases militares e máis 600 exames a domicilio para estudantes con discapacidade e necesidades especiais

A UNED, o maior campus universitario de Europa, finalizou o seu período de probas presenciais de febreiro manexando as grandes cifras habituais nesta convocatoria. Avaliáronse os coñecementos e competencias de alumnas e alumnos dos nosos 61 centros; dos 22 centros e aulas de exame internacionais; dos centros penais e dos estudantes con discapacidade e necesidades especiais. En total realizáronse máis de 210.000 exames en todo o mundo. Destacan, ademais, os máis de 600 exames a domicilio levados a cabo por estudantes con discapacidade ou necesidades especiais; os máis de 100 exames en bases militares e máis de 150 en embaixadas. Unicamente resta por examinar ás persoas que non puideron facelo por estar afectadas por COVID 19 durante a realización das devanditas probas. Para estas habilitouse unha semana especial de exames a mediados do mes de marzo.

As probas desenvolvéronse con normalidade, sen incidencias, o que supón un referendo ás medidas sanitarias e de seguridade adoptadas polos centros, como a sinalización de fluxos de desprazamento no acceso e interiores, hixienización especializada da aula entre quendas e aumento da distancia de seguridade, que nalgúns casos supuxo un 50% máis de espazo, xa fose a través de recolocación dos estudantes, xa de cesión ou aluguer de edificios a outras institucións.

O bo desenvolvemento das probas presenciais de febreiro de 2022 puxo de manifesto o gran labor realizado pola nosa comunidade universitaria (persoal docente e investigador, profesores titores, persoal de administración e servizos da sede central e dos centros asociados) e o comportamento exemplar dos nosos estudantes. O éxito da convocatoria ratifica a fiabilidade e excelencia da metodoloxía B-learning (blended-learning), que combina a formación en liña e semipresencial da UNED.

Da mesma maneira, no Centro de Lugo examináronse os máis de 1000 alumnos convocados. Para tal efecto, contouse coa asistencia de 8 profesores da Sede Central de Madrid, desenvolvéndose os exames tamén sen incidencias, con todas as citadas medidas sanitarias e de seguridade aplicadas. Adaptándose as estancias para os alumnos de maior risco, que realizaron os seus exames separados do resto dos seus compañeiros.