Mañá comeza na UNED de Lugo unha actividade sobre Dereito Penal, que reunirá a figuras destacadas da maxistratura

O curso Cuestións de actualidade en Dereito Penal propón a todas aquelas persoas interesadas achegarse ás principais novidades e cuestións de actualidade no Dereito Penal.

A actividade contará con maxistrados e fiscais de renome, estando presentes, entre outros: Dr. Sergio Orduña Alonso, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo; Dr. Fernando Pinto Palacios, maxistrado, letrado Gabinete Técnico Tribunal Supremo; D. Roberto Barba Alvedro, maxistrado do Xulgado do Penal Nº 2 de Lugo; Dr. José Antonio Varela Agrelo, maxistrado Sala do Civil e Penal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e D. José Luís Álvarez García, Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido, do 17 ao 18 de febreiro.

Asistencia presencial sen certificación gratuíta.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/26223&codigo=DAED