A conferencia do autor e especialista en cinema, Manolo González, abrirá mañá o seminario “Galicia, terra de cine” na UNED de Lugo

Esta semana comeza o Seminario Galicia, terra de cine, coa súa primeira parte dedicada ao repaso da Historia do cinema galego, desde os seus inicios até a actualidade. Participarán neste repaso profesores e especialistas recoñecidos como: Manuel González Álvarez, Margarita Ledo Andión, Miguel Anxo Fernánez Fernández e José Luís Castro de Paz, entre outros.
Realizarase de xeito presencial e online do 22 ao 30 de novembro.
Máis información e matrícula: