A delegada da AEAT en Lugo impartirá na UNED unha sesión informativa sobre saídas profesionais na Axencia Tributaria
A delegada da Axencia Tributaria en Lugo, María Elena Rosendo, impartirá unha sesión informativa sobre saídas profesionais na Axencia Tributaria.
A sesión, totalmente gratuíta, terá lugar o vindeiro mércores, día 14 de decembro ás 10.00 horas no salón de actos da UNED de Lugo. Nela trataranse as seguintes cuestións: A AEAT: creación, misión, liñas de actuación, áreas operativas e organización territorial, dez razóns para traballar na AEAT, relación de corpos e especialidades adscritos e procesos de selección.
Máis información e inscrición: https://extension.uned.es/actividad/28762&codigo=SISEP