A investigadora do Instituto de Saúde Carlos III e Premio á mellor traxectoria profesional na categoría investigadora nova, Cintia Folgueira, imparte unha conferencia dentro do programa #unedlife na Uned

Cintia Folgueira, investigadora postdoutoral Sara Borrell no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares do Instituto de Saúde Carlos III, en Madrid imparte esta tarde na UNED a conferencia “Trastornos Metabólicos, ¿enfermidade ou malos hábitos? “

Cintia Folgueira actualmente afonda no estudoo do papel das quinasas, unhas proteínas activadas polo estrés no desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares, a obesidade, a diabete e o cancro. Recentemente conseguiu financiamento propio para liderar tres proxectos financiados pola European Foundation for the Study of Diabete (EFSD) “Young Investigator Research Award”, a Society for Endocrinology- “Early Career Grant” e a Sociedade Española de Endocrinología e Nutrición (FSEEN)- “Premio de Investigación Novos Endocrinólogos”. Ademais o ano pasado foi recoñecida co Premio á Mellor Traxectoria Profesional na categoría Investigadora Nova Menor de 35 anos outorgado pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia e Rising Star de la Sociedad Española para o Estudio da Obesidade (SEEDO).

A investigadora, súmase con esta conferencia ao exitoso programa #UNEDLife da UNED de Lugo, que ten como finalidade a dar a coñecer e a contribuír á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 3 da Axenda 2.030 da ONU, Saúde e Benestar, o obxectivo da cal é garantir unha vida sa e promover o benestar para todos/ás en todas as idades. Con esta finalidade promoveu o programa #UNEDLife no marco do proxecto #LugoNaturalMente. Este proxecto conta no seu comité científico con: Ana Traseira, directora UNED Lugo e directora do proxecto #LugoNaturalMente, Carlos García, xestor de administración e servizos UNED Lugo e codirector do proxecto #LugoNaturalMente, Sara Meijide, xornalista, responsable de deportes en Radio Lugo SER e Salva Arco, exxogador de baloncesto e xerente da Fundación Breogán.

A próxima conferencia do proxecto terá lugar o próximo día 2 de maio, con motivo da celebración do día mundial da Asma e será impartida polo xefe do servizo de Neumología do HULA, D. Luis Pérez del Llano.