A semana próxima celebrarase a cuarta edición das Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras, dedicadas a Polonia este ano

Aínda que separadas por miles de quilómetros, Polonia e España teñen moito en común, até tal punto que ás veces se fala dun país como reflexo do outro. É así?, ou é máis ben un espellismo? A xornada terá por obxectivo achegar a este país tan distante, pero á vez algo familiar, desde unha perspectiva enfocada na súa cultura, para que os asistentes poidan sacar as súas propias conclusións.

Participan nesta actividade: o Dr. José López Riopedre, doutor en Socioloxía, titor con Venia Docendi UNED Lugo (dirixe) e a Dra. Anna Dulska, historiadora, investigadora no Instituto de Cultura e Sociedade, Universidade de Navarra.

Realizarase presencial e online, en directo ou en diferido, o vindeiro xoves, 29 de xuño, ás 17:00 horas

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/31569&codigo=IJULS