Comeza o prazo de Admisión a Graos e Graos Combinados

Do 15 de xuño ao 23 de outubro está aberto o Prazo de Admisión para cursar algún dos nosos Graos ou Graos Combinados.Na UNED non hai límite de prazas nin notas de corte, pero a Admisión serve para solicitar o traslado do expediente ou a simultaneidade destes estudos desde outra universidade española antes de proceder á matrícula.

Este trámite de Admisión, previo á matrícula, deberá ser realizado por aqueles que desexen cursar un Grao na UNED e acaban de cursar a EBAU (ou realizaron a antiga Selectividade),  os que teñan superado a Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 ou 45 anos nunha universidade distinta da UNED ou aqueles estudantes que procedan doutra universidade española, ben para continuar os seus estudos na UNED ou para cursar simultaneamente algún dos nosos Graos.