A UNED de Lugo celebra o 8 de marzo con dúas actividades sobre ecofeminismo

 
 
 
 
 
Co gallo do Día Internacional da Muller, a UNED prepara dúas actividades:

  • Presentación do libro “Eu ecofeminista. Vivencias e pensamentos en diálogo transformador”: A autora Concha López Llamas presentaranos o seu libro no que relata experiencias que, dende a nenez até o momento presente, permitírona recoñecerse como ecoloxista feminista primeiro, e como ecofeminista despois. Estará acompañada pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena. Concha López Llamas é catedrática de Bioloxía e Xeoloxía E.S.O e recibiu tres premios Francisco Giner de los Ríos de Innovación Educativa, do Ministerio de Educación e Ciencia; un premio á Innovación Docente da Universidade Carlos III de Madrid e outro premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidade de Madrid, entre outros. Será presencial e online o 6 de marzo, de 19:00 a 20:00.
  • Mesa redonda sobre ecofeminismo: Nery Díaz, Mª Carmen Fernández Pérez, Adela Figueroa, Ana Belén Gómez, Concha López Llamas e Nuria Zurita. Seis mulleres procedentes de diferentes ámbitos da cultura e a ciencia, participan nesta mesa coloquio sobre o ecofeminismo como alternativa á quebra do modelo actual. 

Será presencial e online o 7 de marzo de 18:00 a 20:00 horas.

Máis información e matrícula: