A UNED de Lugo colabora un ano máis nas Xornadas Xurídicas Román García Varela
Na XVI edición destas Xornadas, a UNED colabora un ano máis achegando a acreditación académica da man dos créditos ECTS, que se proporcionarán a aqueles estudantes que superen a actividade.
Este ano dedícanse á temática “Os Retos do estado de Dereito no Século XXI”. Como en anteriores edicións, as persoas matriculadas poderán asistir dende as súas casas mediante a retransmisión que fai a Fundación TIC da Deputación de Lugo a través da súa canle de YouTube.
A actividade contará con maxistrados, xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, funcionarios da Administración de Xustiza, catedráticos, profesores de Universidade, rexistradores, notarios, procuradores, funcionarios da Administración Autonómica e Local e público en xeral. Destacando entre outros: D.ª Victoria Ortega Benito, presidenta do Consejo General de la Abogacía, D.ª Silvia Barona Vilar, catedrática de Dereito Procesal da Universitat de València, D. Pascual Sala Sánchez, expresidente do Tribunal Constitucional, D. Álvaro Perea González, letrado da Administración de Xustiza do Juzgado de Primera Instancia nº1 de Fuenlabrada, D.ª Natalia Velilla Antolín, maxistrada do Juzgado de Primera Instancia nº7 de Móstoles, D. Fernando Ledesma Bartret, D. Javier Ortega Trujillo, socio en Montero Aramburu Abogados, D.ª Isabel Valldecabres Ortiz, presidenta-directora xeral da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, D. Joaquín Huelin Martínez de Velasco, maxistrado da Sala Tercera del Tribunal Supremo en excedencia e socio en Cuatrecasas Abogados, D. Antonio López Díaz, rector da Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, D.ª Olalla Díaz Sánchez, D. José Luis Barreiro Rivas, profesor de Ciencias Políticas e Sociolxía da Universidade de Santiago de Compostela, D.ª Nieves Molins Gauna, anestesióloga e presidenta da Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia de Galicia, D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira, expresidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. Antonio del Moral García, maxistrado do Tribunal Supremo e presidente da Comisión de Ética Judicial del CGPJ, D. Juan Antonio Xiol Ríos, D.ª M.ª Emilia Casas Baamonde, expresidenta do Tribunal Constitucional e catedrática de Derecho del Trabajo y Seguridad Social na Universidad Carlos III de Madrid, D. José Luis Seoane Spiegelberg, maxistrado da Sala Primera del Tribunal Supremo; D. Luis López Guerra, exvicepresidente do Tribunal Constitucional e expresidente de sección do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, D. Juan José González Rivas, expresidente do Tribunal Constitucional, D. Álvaro García Ortiz Fiscal xeral do Estado.
Terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria e a asistencia será online, en directo ou en diferido, do 31 de maio ao 2 de xuño.
Máis información e matrícula:https://extension.uned.es/actividad/30911&codigo=XJJRG