A UNED de Lugo organiza unha conferencia sobre aprendizaxe-servizo e tecnoloxías dixitais

“A aprendizaxe-servizo é unha proposta docente e de investigación que integra o servizo á comunidade e a aprendizaxe académica nun só proxecto que permite ao estudante formarse traballando sobre a base de necesidades reais da contorna co obxectivo de melloralo” (ACUP, 2019)
Con motivo do Día Internacional da Educación (24 de xaneiro), celebrarase no Centro Asociado unha conferencia sobre o emprego das tecnoloxías dixitais en proxectos de aprendizaxe-servizo.
Unir as tecnoloxías dixitais con proxectos de aprendizaxe-servizo facilita que persoas de todo o mundo experimenten de forma real a solidariedade, a responsabilidade e o servizo aos outros, así como a satisfacción polos obxectivos conseguidos.
Unha conferencia que forma parte do proxecto Planeta ODS 2.0. e que será impartida por D. Juan García Gutiérrez, director da Oficina Universitaria Aprendizaxe-Servizo UNED.
Realizarase online, en directo ou en diferido, o vindeiro xoves, día 3 de febreiro, en horario de 18:00 a 19:00.
Máis información e matrícula en: