A UNED de Lugo ten preparadas novas actividades de Extensión Universitaria para este febreiro
Aberto o prazo de matrícula en todas elas
Xa están en marcha novas actividades para febreiro na UNED, que tratarán temas de interese para a sociedade como os relacionados coa inserción e preparación para o mundo laboral, os sempre presentes obxectivos da Axenda 2030 e unha interesante actividade sobre Dereito Penal, que reunirá a figuras destacadas da maxistratura.
- Conferencia sobre Aprendizaxe-servizo e tecnoloxías dixitais, o 3 de febreiro ás 18:00 horas.
- Simposio internacional sobre Axenda 2030 España-Ecuador, do 16 ao 17 de febreiro, en horario de 16:30 a 20:00.
- Actividade sobre Cuestións de actualidade en Dereito Penal, do 17 ao 18 de febreiro.
- Curso sobre Técnicas de inserción laboral, do 18 de febreiro ao 22 de abril, de 16:00 a 19:00 horas.
- Curso sobre Monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, do 21 de febreiro ao 13 de abril.
Todas estas actividades serán impartidas por académicos, profesionais e maxistrados. O Simposio sobre Axenda 2030 España-Ecuador, contará coa presenza de representantes académicos das dúas universidades dos dous países: por parte da Universidade Agraria do Ecuador, participará o seu reitor fundador Dr. Jacobo Bucaram Ortiz e a súa reitora Martha Bucaram Leverone de Jorgge, e por parte da UNED, intervirán a vicerreitora Dra. Amelia Pérez Zabaleta e a directora do centro, dona Ana Belén Traseira Pena.
A actividade sobre Dereito Penal contará con maxistrados e fiscais de renome, estando presentes, entre outros: Dr. Sergio Orduña Alonso, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo; Dr. Fernando Pinto Palacios, maxistrado, letrado Gabinete Técnico Tribunal Supremo; D. Roberto Barba Alvedro, maxistrado do Xulgado do Penal Nº 2 de Lugo; Dr. José Antonio Varela Agrelo, maxistrado Sala do Civil e Penal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e D. José Luís Álvarez García, Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo.
Os cursos de formación laboral serán impartidos por María Fernanda Núñez Uzcátegui, licenciada en Comunicación Audiovisual, docente de formación para o emprego, especializada en Orientación laboral, comunicación e marketing e a procura activa de emprego e RRSS. Para o curso de monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, imparten relatores da Escola Rural de Tempo Libre.