A UNED de Lugo presenta na súa Aula de Monforte unha actividade que nos achegará ao viño dende outras perspectivas

A actividade “Ribeira Sacra: outras miradas sobre o viño” proponnos un achegamento ao viño dende varios contextos socio-culturais, especialmente dende o contexto da Ribeira Sacra. O curso desenvólvese a partir de conferencias de diferentes especialistas no tema e complétase cun taller sobre sentidos e emocións en torno ao viño e ás visitas a escenarios centrais do valor patrimonial do viño no contexto da Ribeira Sacra.

Será impartido por: Ligia Amparo Da Silva Dantas, profesora asociada Universidade Federal de Bahía, Juan Antonio Flores, profesor titular Universidade de Castilla La Mancha, Elena Freire Paz, profesora do Departamento de Filosofía e Antropoloxía, Facultade de Humanidades, USC, Manuel Gago Mariño, Profesor Asociado Universidade de Santiago de Compostela, Julián López García, catedrático do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural UNED, Lorenzo Mariano, profesor titular Universidade de Extremadura, Xavier Medina  Luque, catedrático da Universitart Oberta de Catalunya e Pedro Tomé Marín, científico titular Consello Superior de Investigacións Científicas. 

Terá lugar na Aula Universitaria de Monforte de Lemos e a asistencia será presencial, do 14 ao 16 de xuño.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/31329&codigo=RSOMS