Cineastas, especialistas e académicos analizarán o éxito do cinema galego nun seminario da UNED de Lugo

Un Seminario de Historia do cinema galego no que participarán figuras do cinema como os irmáns Coira e Jaione Camborda
O recente e innegable éxito do cinema creado por artistas e cineastas galegos inspirou a organización deste seminario. Un éxito que vén dunha longa tradición de arte e de bo facer diante e detrás das cámaras, xurdidos en terras galegas. Este seminario pretende facer un repaso da Historia do cinema galego, dende os seus inicios ata a actualidade, cunha primeira parte máis académica, centrada na propia Historia, e cunha segunda parte de relato de experiencias.
Para a primeira parte, contaremos con profesores de catro universidades galegas (incluída UNED) e con especialistas en cinema moi recoñecidos. Mentres que, para a segunda parte, contaremos coa presenza de Jaione Camborda, dos irmáns Coira, de Andrés Goteira e de Diego Méndez, que achegarán o seu relato na dirección e na produción, moderados en mesa redonda por Manuel Curiel, así como, coa participación de catro actores lucenses: Benedicta Sánchez, Nuria Lestegás, Carmen Méndez e Luis Iglesia, que nos achegarán as súas experiencias noutra mesa redonda, moderada pola redactora Sabela Corbelle.
Realizarase presencial e online, do 22 ao 30 de novembro.
Máis información e matrícula:
https://extension.uned.es/actividad/33647&codigo=SHDCG