UNED Lugo ofrece un curso sobre a Propiedade horizontal

Neste curso tratarase de analizar a Lei de Propiedade Horizontal 49/1960, de 21 de xullo, de maneira clara e coas súas últimas reformas. Dirixido a unha comprensión xurídica dos diferentes conceptos e sistema de xestión dunha comunidade de propietarios.

Imparte esta actividade D. Rubén Mouzo García, Avogado-Administrador de Leiras.

Realizarase online ou presencial, do 20 ao 27 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/33417&codigo=CBDPH