Esta semana comeza na UNED de Lugo un ciclo de conferencias sobre Educación na natureza

Trátase dun ciclo de conferencias no que se tratará de achegar a educación na natureza ao público xeral e especialmente a aquelas persoas que se dedican ou queren dedicarse ao mundo da infancia. Así como, abordaranse as cuestións xerais da educación na natureza ao longo da historia e como chegou até os nosos días, vendo como son e como funcionan as escolas na natureza no mundo e cal é a situación actual no noso país.

Participan neste ciclo Bibiana Marful Castañal, cofundadora, coordinadora pedagóxica e acompañante do proxecto Nenea, medrar creando e María Mayorga Martín, licenciada en Xornalismo, Diplomada en Educación Social, fundadora de In Natura (2013), unha iniciativa que divulga a conexión da infancia con natureza.

Realizarase online ou presencial, do 10 de novembro ao 24 de abril, de 17:00 a 19:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/33707&codigo=CPHYS