Fernando Valladares presentou o seu novo libro “La Recivilización” na UNED de Lugo e asinou no Libro Verde de Honra do Centro

Fernando Valladares presentou o seu novo libro, “La Recivilización”, na UNED de Lugo. A universidade ten a honra de nomear ao autor como padriño da rama ambiental do proxecto UNED Futura, baixo o que se ampara a conferencia.

Neste libro, o prestixioso ecólogo revélanos con honestidade e valentía os desafíos e os obstáculos aos que temos que enfrontarnos para dirixirnos cara un novo modelo ecosocial baseado na confianza, a empatía e a colaboración máis que na competencia e na sobreexplotación.

Na mesma liña, o centro tivo a oportunidade de contar coa presencia de Emilio Luque, vicerreitor adxunto de sustentabilidade da UNED, que falou sobre a misión da universidade en tempos de crise climática.

A librería local Trama encargouse de proporcionar exemplares do libro para todas aquelas persoas interesadas en mercalo.

Posteriormente, unha vez rematada a conferencia, Fernando Valladares asinou no libro verde de honra da UNED de Lugo e foi nomeado embaixador do proxecto #LugoNaturalMente de la UNED.