A UNED de Lugo e a Fundación Breogán visitan Sarria co proxecto Ningún Aro Sen Rede facendo visita ao CEIP Frei Luis de Granada

Ningún Aro Sen Rede, un proxecto da UNED de Lugo, a Fundación Breogán e a empresa Ecoballution, xorde da idea de lograr as sinerxías necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

Mediante esta iniciativa, activa dende o curso 2022-2023, as entidades fundadoras fan visitas aos centros educativos para por en marcha a actividade e, este mércores, foi a quenda de do CEIP Frei Luis de Granada, en Sarria.

A actividade foi impartida polo Director da Fundación, Salvador Arco, a directora da UNED, Ana Traseira e a bióloga Paula Fernández. Durante o transcurso da actividade explicaron aos estudantes de 6º de primaria en que consiste o proxecto, dende o material do que están feito as redes de Ecoballution ata a importancia da reciclaxe do material escolar. Despois da parte teórica, pasaron a parte lúdica da visita, onde profesorado e estudantes  puideron participar en competicións de baloncesto para conseguir distintos agasallos proporcionados polo club e a universidade.

Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer ao xogador do Club de Baloncesto Breogán, Martynas Sajus, e levar un autógrafo seu.

Trátase dunha pequena acción que pretende ser exemplo de economía circular, fomentando e respectando algún dos principios e valores da Axenda 2030 da ONU.