A UNED programa doce cursos para o segundo semestre

A UNED de Lugo programou doce cursos de extensión universitaria para o segundo semestre do curso 15-16. Os cursos, que levarán a cabo a partir do 15 de febreiro e ata ou mes de abril, abarcarán temáticas moi diferentes.

A programación comprende CURSOS DE INFORMÁTICA: Aplicacións informáticas de gráficas de información, sobre o manexo de PowerPoint e Impress; Aplicacións informáticas de follas de cálculo traballará o manexo de Excel e Calc.

Tamén haberá CURSOS DE DEREITO: como o curso da Reforma Da Lei De Axuizamento Criminal (Lei 13/2015, Do 5 De Outubro), Introdución ao procedemento administrativo e Introdución ao dereito e á Ciencia Política. O primeiro será impartido e dirixido pola profesora doutora e maxistrada Dª. Ángela Galván Gallegos e impartido polo profesor-doutor en dereito, D. Adriano Alfonso Rodríguez e contará cunha sesión de posta en común e debate que contará coa presenza da Maxistrada Xuíz do Xulgado de Instrución nº 2 de Lugo, dona Sandra Piñeiro e a Fiscal dona Mª Lucía Girón. Os outros dous serán impartidos pola profesora doutora Dª. Rosa María Ricoy Casas.

Programouse un CURSO DE EDUCACIÓN: Formación en valores sociais a través do Cómic Book de Superheroes, impartido por D. Jesús J. Branco Rosas Xornalista e docente, doutor en Xeografía e Historia pola USC.

Contaremos con dous CURSOS DE ECONOMÍA E ADE: Os efectos da consolidación fiscal na economía real e financeira en España, impartido pola doutora en economía Dª. Laura Varela Candamio, un curso de Técnicas de Venda e un curso de Protocolo e Organización de Actos na Empresa, impartidos pola profesora Dª. Marta Rodríguez de la Fuente. Técnicas de Venda.

Haberá un CURSO DE ESCRITURA de relatos que leva por título “Polis e cacos. Como se fai unha novela negra?” impartido polo xornalista D. Santiago Jaureguízar.

Tamén se vai a desenvolver un CURSO DE PROTOCOLO ALEMÁN e un CURSO DE MÁRKETING EMOCIONAL.

Poden acceder á programación completa e á información de cada un dos cursos na seguinte ligazón:

http://extension.uned.es/indice/idcentro/41