O comisario xefe da Policía Nacional, o tenente coronel da Garda Civil e o xefe da Policía Local participaron nunha mesa redonda na UNED de Lugo

O comisario xefe da Policía Nacional, o tenente coronel da Garda Civil  e o xefe da Policía Local participaron nunha mesa redonda na UNED de Lugo dentro das “Jornadas de Seguridad Pública y Liderazgo: nuevos tiempos, nuevos modelos”

A mesa redonda, que estivo moderada pola maxistrada Dª. Sandra Piñeiro Vilas, contou coa  intervención de D. Luis Miguel Romera Pérez, comisario xefe Provincial da Policía Nacional, D. Julio Javier González Chas, tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil Lugo e D. Jesús Piñeiro Santos, intendente e xefe da Policía Local de Lugo.

Previamente, o Comisario da Policía Nacional e xefe de área de Transformación dixital e Coordinación en Ciberseguridade e da  Unidade de Apoio Tecnolóxico da Policía Nacional, D. Pedro Agudo Novo, falou de liderazgo en grandes operacións policiais.

A actividade contou con máis de corenta inscritos.