Semana contra a Violencia de Xénero
Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, este venres terá lugar no Centro Asociado a XORNADA: “NON ESTADES SOAS”. Nela, os maxistrados D. José Luis Deaño Rodríguez e Dª. Sandra Piñeiro Vilas, acompañados de D. Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, Doutor en Dereito, Criminólogo e Xuíz substituto, analizarán os tres aspectos relevantes en relación á violencia de xénero desde unha perspectiva civil, penal e procesal-penal.
Realizarase online ou presencialmente o 27 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
Esta xornada forma parte da SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, para a que o Centro preparou unha serie de actividades.
Pode consultar toda a información e acceder á matriculación gratuíta na páxina de Extensión Universitaria.