/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

O Centro Asociado da Uned de Lugo abre o prazo de matrícula para as “Xornadas de Acollida 2019”

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organizan as Xornadas de Acollida, dirixidas a todos os alumnos da UNED, especialmente a aqueles que se matricularon por primeira vez.

Estas xornadas contribúen a familiarizar ao  alumno co campus virtual e coa plataforma aLF así como e a coñecer todos os recursos educativos da UNED. Este curso académico introdúcese a figura do profesor-conselleiro, e a de alumno/a mentor/a, coas que se pretende que os/as estudantes se sintan máis acollidos/as e acompañados/as no primeiro ano na universidade.

Son totalmente gratuítas. Celebraranse os días 9 e 10 de outubro no Centro Asociado da UNED de Lugo (Tolda de Castela 4B, na aula de Informática 3ª planta). Poderán realizarse en liña ou presencialmente. Para matricularte, debes escoller un dos dous días e facelo a través do seguinte enlace: