Avisos, recursos educativos e psicolóxicos ofrecidos pola UNED para superar o COVID-19

O compromiso do Centro Asociado á Uned en Lugo non soamente se reduce a manter a actividade académica a través das WEBCONFERENCIAS que se están impartindo. Queremos estar contigo ofrecendo a toda la comunidade universitaria un espazo para a información que inclúa recomendacións, consellos, propostas formativas gratuítas e no que se visibilicen ademais outras propostas educativas que están xurdindo.
 

Teléfonos e enderezos de contacto
Teléfonos de interés para asistencia técnica:

O Centro de Atención aos Usuarios (CAU) é un servizo creado para apoiar ao personal da UNED no uso das distintas aplicacións informáticas. Este servizo ocúpase tamén de xestionar a petición de servizos de apoio cando necesite instalacións de hardware e software.

Contacto cos servizos de Lugo e das súas Aulas de Foz, Monforte e Viveiro:
Normas que rexerán a avaliación do curso nas convocatorias de xuño e setembro de 2020
CONECTAD@S #LaUniversidadEnCasa

A universidade na casa é un portal de recursos para a aprendizaxe non presencial, deseñado e mantido pola UNED e a UOC xunto coa contribución de tódalas universidades españolas. Mediante esta iniciativa o Ministerio de Universidades e a CRUE poñen a disposición do profesorado e do conxunto da comunidade universitaria contidos útiles para a formación online: módulos didácticos, contidos de orientación metodolóxica, plataformas tecnolóxicas e software.

Recursos realizados por profesores tutores del Centro Asociado a la UNED en Lugo

Artículo de Dª Iria Salvador Pérez. Psicóloga y profesora tutora del Centro Asociado a la Uned en Lugo en el periódico “El Progreso”.

Dª Mª Isabel Flórez. Psicóloga y profesora-tutora del Centro Asociado a la Uned en Lugo.

Dr. Carlos Fernandez-Lozano: Profesor-tutor del entro Asociado Uned Lugo.  Profesor Ayudante Doctor en el Departamento de Computación e Inteligencia Articial de la Universidad de la Coruña (UDC).Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y las Comunicaciones (CITIC).

#SomosUNEDdesdeCasa
Avisos e recursos da Biblioteca Dixital UNED Lugo

Por resolución rectoral de medidas relacionadas coa situación sanitaria provocada polo COVID-19 as Bibliotecas da Sede Central da UNED en Madrid permanecerán pechadas. AS DEVOLUCIÓNS AMPLÍANSE ATA NOVO AVISO.
Do mesmo xeito, as Bibliotecas da UNED dos centros asociados permanecerán pechadas ata novo aviso. Todos os préstamos activos que tiñan como data de devolución 13 de maio foron prorrogados automáticamente por Sede Central ata o 1 de xuño de 2020. Disculpen as posibles molestias.

O personal da Biblioteca da UNED en Lugo  elaborou un amplo listado de todos os recursos aos que podes acceder desde a túa casa.

Cursos gratuítos ofrecidos por UNED Lugo
COIE- UNED. Centro de Orientación e Información de Emprego

#COIE_Contigo: http://coie-server.uned.es

Webs de interese
Iniciativas no ámbito académico
Recursos Psicolóxicos

O Servizo de Psicoloxía Aplicada (SPA) da Facultade de Psicoloxía da UNED, pon a disposición da comunidade universitaria e da sociedade en xeral unha serie de consellos e recursos dirixidos a aportar benestar e regulación comportamental e emocional a todas as persoas que o necesiten:

Entre outros recursos, os materiais inclúen unha serie de audios breves editados polos profesores da UNED para o afrontamento psicosaudable desta alerta sanitaria e diferentes guías elaboradas polo SPA para manexar escenarios de corentena, regular as emocións e outros consellos para encarar esta situación dun xeito equilibrado e psicolóxicamente adaptativo.

Tamén, o Servicio de psicoloxía Aplicada da UNED organiza no seu canal de Youtube a serie Encuentros para la Serenidad”, un programa de sesións breves de 15 minutos nas que un dos  seus Psicólogos realizará un exercicio guiado que nos axude a alcanzar un estado de calma e tranquilidade. As sesiones levaranse a cabo cada día, de luns a viernes, ás 11:00 h e ás 19:00 h.

O teléfono de emerxencia 660 695 469 do SPA da Facultade de Psicoloxía da UNED manterase aberto, incluso no período vacacional, para a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Este servizo está inserido na páxina especial de atención á saúde e ao benestar psicolóxico habilitada polo SPA da UNED para encarar a crise do coronavirus, que recibiu máis de 4.800 consultas na primeira semana de confinamento.

O 660 695 469 ofrece apoio psicolóxico gratuíto a quen o requira de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Fora deste horario pódese deixar unha mensaxe no mesmo teléfono que será xestionado á maior brevidade posible. La atención inmediata garante que se escoite a consulta e tras unha valoración inicial, se se require, derivase o caso ao terapeuta especializado que  dará atención psicolóxica personalizada en liña.