A UNED de Lugo acada o milleiro de matriculados e anuncia os derradeiros días de matrícula

A UNED de Lugo anuncia que acadou o milleiro de matriculados e anuncia que aínda é posible matricularse ata o vindeiro  martes día 7 de novembro.

A UNED agradece a confianza do máis dun milleiro de lugueses e luguesas que elixen a nosa universidade á hora de formarse.

En canto o perfil do alumnado é moi variado, pero cabe destacar que a franxa de idade máis numerosa é a do 40 a 40 anos, cun 28%, seguida da franxa de 30 a 40 anos, cun 27% e a de 20 a 30 anos cun 26%. Destaca que a idade do alumnado chega ata os 84 anos, contando cun 1% de persoas matriculados con idades comprendidas entre os 75 e 85 anos.

O alumnado da UNED son na súa maioría mulleres, concretamente, un 62%. En canto a titulacións, as máis demandadas, en orde de maior a menor, son Psicoloxía, Dereito, Educación Infantil, Historia e Historia da Arte.

Ata o martes 7 de novembro pode formalizarse a matrícula en estudos de Grao, Graos combinados, Mestrados, Microtítulos, Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Idiomas. Desta forma os estudiantes terán a oportunidade de entrar a formar parte do maior campus de Europa para estudar ao seu ritmo e dende calquera lugar do mundo grazas a súa metodoloxía en liña e semipresencial, líder no seu sector.

A oferta académica da UNED inclúe 30 Graos pertencentes ás áreas de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura, así como 11 Graos Combinados que permiten, grazas ao recoñecemento de materias, obter dous títulos de Grao distintos en áreas afíns cursando menos dos 360 créditos ECTS necesarios no caso do segundo Grao. 

En canto aos Mestrados EEES, son 80 títulos os que completan a oferta da UNED.   A UNED foi sempre pioneira en educación a distancia e na incorporación de novas tecnoloxías e tendencias didácticas. Non é de estrañar, por tanto, que se convertese na primeira universidade española en implantar as súas microtítulos -microgrados e micromásteres- cumprindo así as indicacións europeas que apuntan cara ás microcredenciales como alternativa óptima no camiño da Formación ao longo da Vida. Até o 7 de novembro poderase acceder a calquera dos 23 microtítulos ofertados pola UNED: uns estudos que permiten aos alumnos especializarse nunha área concreta sen necesidade de abordar un Grao ou Máster completo, pero ofrecendo a posibilidade de convalidar as materias cursadas no caso de que se formalice unha matrícula posterior.  

Finalmente, amplíase o prazo de Matrícula até o 7 de novembro para o Curso de Acceso á universidade para Maiores de 25 e 45 anos e para calquera dos 16 idiomas ofertados por UNED Idiomas.