O proxecto “Ningún aro sen rede” visita o CPI Virxe do Monte no concello de Cospeito

Unha nova parada do proxecto Ningún Aro Sen Rede, que desta volta nos levou ata o CPI Virxe Do Monte no Concello de Cospeito.
Alí agardaban por nós unha boa chea de alumnos/as con moitas gañas de pasalo ben e de sumarse a esta iniciativa ecolóxica que leva a cabo a Fundación Breogán da man da UNED Lugo e de Ecoballution.
Logo da explicación de rigor do concurso de reciclaxe e da importancia do seu labor por parte de Salva Arco Frías e Ana Traseira Pena chegou o momento de probar as novas #econets.
Erik Quintela, Conner Frankamp…e onte foi a quenda de Maximus Breogán. A súa porcentaxe nos lanzamentos foi de 2 de 10, co que queda claro que á mascota do Club Baloncesto Breogán SAD dáselle moito mellor a competición do baile de mascotas da #ligaendesa que gaña cada ano. Pero no tema puramente deportivo aínda ten que adestrar un pouquiño máis.
En resumo, foi unha mañá moi divertida, cunha total implicación de mestres/as e escolares, e da que nos levamos un gran recordo.