Aberto do 19 de maio ao 5 de xullo de 2022 o prazo de preinscrición para novos estudantes de Máster

O prazo ordinario de preinscrición/admisión é do 19 de maio ao 5 de xullo de 2022, a excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza o 2 de xuño de 2022:

– Ciberseguridade
– Estudos de Xénero
– Formación de Profesores de Español como Segunda Lingua
– Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas
– Enxeñería e Ciencia de Datos
– Intervención Educativa en Contextos Sociais
– Investigación en Historia da Arte
– Investigación en Intelixencia Artificial
– Políticas Sociais e Dependencia
– Prevención de Riscos Laborais: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
– Psicoloxía Xeral Sanitaria

O prazo de preinscrición de estudantes antigos no Máster será do 12 ao 29 de setembro de 2022. Excepcións (do 2 ao 9 de setembro):
– MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria
– MU en Acceso á avogacía

En Portal UNED  dispón de todas as  guías de Másteres oficiales .

As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente online. Deben ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado para poder realizar a proposta de materias de forma correcta.

Para máis información consulte https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios/masteres/informacion-general/admision-matricula.html

O/A estudante poderá matricularse, sempre e cando fora admitido no proceso de preinscrición.