Aberto o prazo de matriculación do Segundo Cuadrimestre do curso 2018-2019

A UNED abriu o período de matriculación do Segundo Cuadrimestre, que permanecerá aberto ata o 7 de marzo. Este período está habilitado para estudios de Grao e algúns títulos de posgrado Oficial. A súa aprobación depende anualmente do órgano pertinente e está suxeita a unhas condicións establecidas na normativa de matriculación da universidade. Igualmente, do 1 ao 18 de febreiro poderanse matricular os estudantes que queiran realizar a Proba Libre de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e do 12 de febreiro ao 9 de maio poderase solicitar a realización das Probas de Competencia Específica (PCE) relativas á acreditación UNED Assis para estudantes internacionais e para a Avaliación do Acceso de universitarios do sistema educativo español no estranxeiro e pertencentes ao CIDEAD. A matrícula  realizase on-line.

Graos Oficiais

 Poderán matricularse en todos os Graos Oficiais aqueles estudantes que non o fixeran antes nos estudios aos que queiran acceder. Tamén poderán ampliar matrícula os estudantes novos dunha titulación que se matricularan previamente dun mínimo de 36 créditos ou dun mínimo de 30 créditos os que xa se atopasen cursándoo. Por último, poderán matricularse aqueles alumnos que, aínda que non cumpran os créditos mínimos que marca a normativa, lles reste para concluír o seu Plan de Estudios só dúas materias cuatrimestrales ou unha anual, ademais do Traballo Fin de Grao.

Quedan excluídas deste proceso as materias con prácticas curriculares, as anuais ou do Primeiro Cuadrimestre e os Traballos ou Proxectos Fin de Grao, salvo excepcións.


Másteres Oficiales

Poderánse matricular aqueles estudantes que solicitaron a preinscrición no período ordinario e foron admitidos no máster no que agora desexan matricularse, sempre e cando se matricularan no primeiro período dun mínimo de 30 créditos ou lles resten unicamente dúas materias do Segundo Cuatrimestre para concluír o plan de estudios, ademais do Traballo Fin de Máster. Igualmente, poderán matricularse os alumnos que foron preadmitidos no primeiro período. Nestes dous últimos casos será necesaria a autorización da Comisión Coordinadora do Máster.

A oferta académica para este periodo pode consultarse neste enlace. Quedan excluídos os Másteres Universitarios en Acceso á Avogacía, en Acceso á Procura, en Formación do Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, en Facenda Pública e Administración Financeira e Tributaria e en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

En canto á matrícula da materia Traballo Fin de Máster, estará condicionada á aprobación por parte do Coordinador do Grao correspondente.

Prácticas experimentais

Polas súas características especiais, a matriculación destas materias só estará dispoñible durante o mes de febreiro.

Centros Penitenciarios

Os estudantes acollidos ao Programa de Estudios Universitarios en Centros Penitenciarios poderán ampliar a súa matrícula durante este prazo. No seu caso, poderán consultar as condicións económicas e académicas para esta ampliación na páxina do Programa de Centros Penitenciarios.

Accede aquí á información completa