Segundo prazo de matrícula do curso 2016/2017

O segundo período de matrícula estará aberto dende o 1 de febreiro ata o 8 de marzo de 2017. Se desexan matricularse deben cumprir os requisitos de acceso e, no seu caso, de familia numerosa, antes do 1 de outubro do curso vixente. Neste período poderán matricularse:
- a) Estudantes que non se matricularon no primeiro período de matrícula no estudo que agora se queiran matricular.
- b) Estudantes que se matricularon no primeiro período de matrícula:
- Un mínimo de 36 créditos no caso dos estudantes que se matriculan por primeira vez nese grao.
- Un mínimo de 32 créditos no resto dos casos de estudos de grao.
- Un mínimo de 32 créditos no caso dos estudantes de Máster.
- c) Os estudantes que, non cumprindo o requisito anterior, réstenlles para concluír o plan de estudos, separadamente do Traballo Fin de Grao ou Máster, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual.
Non poderán matricularse de:
- a) Materias con prácticas curriculares ou experimentais.
- b) Materias anuais ou do primeiro cuatrimestre, salvo no caso de estudantes que se atopen no suposto c, arriba descrito.
Recordámoslles que só se permitirá a matrícula nas materias de Traballo Fin de Grao cando lles resten para concluír o seu plan de estudos, separadamente do Traballo Fin de Grao, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual (suposto 2c), sempre que se matriculen de todas elas, incluído o TFG. No entanto supedítase ao que se determine na súa normativa específica ou, na súa falta, á aprobación do Coordinador de Grao.
A matrícula da asignatura de Traballo Fin de Máster está condicionada á aceptación por parte da Comisión Coordinadora do Máster.
Neste período só se admitira o pago único en banco ou tarxeta.