Segundo prazo de matrícula do curso 2017/2018

O segundo período de matrícula permanecerá aberto dende o 1 de febreiro ata o 8 de marzo de 2018. Durante este período poderán matricularse:
- Estudantes non matriculados na UNED no primeiro período de matrícula do curso 2017/2018.
- Estudantes matriculados na UNED no primeiro período de matrícula do curso 2017/2018 que se queiran matricular noutro Grao diferente.
- Estudantes matriculados na UNED no primeiro período de matrícula do curso 2017/2018 que queiran ampliar a súa matrícula, sempre que estivesen matriculados dun mínimo de:
- 36 créditos no caso dos estudantes que se matriculan por primeira vez nese Grao
- 30 créditos no resto dos casos
- Dun mínimo de 30 créditos no caso dos estudantes de Máster.
- Os estudantes que, non cumprindo o requisito anterior, lles resten unha materia anual ou dúas materias cuadrimestrais para concluír o plan de estudios, ademais do TFG/PFG.
Tamén permanecerá aberta a matrícula da Proba Libre de Acceso á Uned para maiores de 25/45 anos do 1 ao 15 de febreiro. Posteriormente a Solicitude de Acceso para maiores de 40 anos por acreditación de experiencia profesional estará aberta dende o 15 de marzo ata o 5 de abril de 2018.
Dispón de toda a información e o acceso para formalizar la matrícula en Portal UNED.