O proxecto “Ningún Aro Sen Rede” visita o CEIP Otero Pedraio de Rábade

O director da Fundación Breogán, Salva Arco, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, visitaron o CEIP Otero Pedrayo de Rábade dentro do Proxecto “Ningún Aro Sen Rede”. Agora mesmo nas canastras do CEIP Otero Pedraio de Rábade locen as novas #econets de Ecoballution.

O centro é o primeiro, fóra do Concello de Lugo, que se suma a esta campaña da Fundación Breogán, xunto coa UNED Lugo e Ecoballution, en prol da reciclaxe e da economía circular.

Dende mañá mesmo xa poden empezar a empregar o contedor de reciclaxe de aparellos de escritura para xerar puntos que se moneticen en diñeiro destinado a fins sociais e por tanto a promover este fermoso Proxecto.

No pequeno acto de entrega estiveron presentes a directora da UNED de Lugo e o director da Fundación, Salva Arco, que lles explicou ós nenos/as presentes como se obteñen as redes de Ecoballution e como naceu o proxecto. Pola súa parte a directora da UNED e e a súa profesora de educación física, Sara Ferreiro, transmitíronlles a importancia da reciclaxe e da economía circular. Xuntos comprobaron que as redes de Ecoballution funcionan á perfección mediante un reto entre a rapazada de 5º e 6º de primaria, no que se repartiron premios aos primeiros/as en anotar dúas canastras seguidas.

O proxecto “Ningún Aro Sen Rede” ten como principais fins promover os valores do deporte e do desenvolvemento sostible entre a rapazada. Sen dúbida foi unha divertida xornada para todos/as.

Agardamos que todo o Centro comece desde xa mesmo a depositar eses elementos de reciclaxe para acadar os puntos que se transformarán en obxectos cunha nova vida útil.