Nova aplicación para o correo electrónico UNED

No mes de decembro de 2014 a UNED realizará a migración da anterior aplicación de correo electrónico de alumno á nova aplicación Office 365. Mentres dure o proceso seguirá habilitada a anterior aplicación soamente para consulta. As mensaxes moveranse automaticamente á nova aplicación, pero non o caderno de enderezos. Polo tanto recórdaselle ao alumno que faga copia destes enderezos.

Recordamos tamén aos  alumnos que o novo correo electrónico dará acceso gratuíto ás aplicacións Office 365 que permiten facer documentos de Word, follas de cálculo ou presentacións nesta aplicación en liña.

Dispón de toda a información e manuais ao entrar na nova aplicación. Mostramos a continuación enlaces a guías rápidas dos novos recursos (necesítase validación UNED para poder consultalas):