A UNED de Lugo felicita o Nadal cun orixinal “Tiny Desk” navideño

A UNED de Lugo súmase ao espírito destas festas cunha felicitación de Nadal única e creativa: este ano, a súa tradicional postal de Nadal transfórmase nun entrañable Tiny Desk. Neste formato musical tan especial, Ale González interpreta a emblemática Panxoliña da Neve, acompañado polo equipo da UNED de Lugo, levando a calor da música e a proximidade destas datas a todos os fogares.
A gravación, dispoñible no canal de YouTube da UNED de Lugo e difundida a través das súas redes sociais, combina talento, creatividade e o espírito colaborativo do centro. Este xesto orixinal reflicte os valores da UNED de Lugo: proximidade, traballo en equipo e compromiso cun futuro máis xusto e sostible.
Con esta felicitación, a UNED de Lugo non só celebra estas datas, senón que tamén anima a reflexionar sobre a importancia da amizade, da aprendizaxe compartida e da construción conxunta dun mundo mellor.
Desde a UNED de Lugo, queremos desexarvos a todos un Bo Nadal e Próspero Aninovo, coa esperanza de que estas festas estean cheas de momentos inesquecibles.
Podes gozar deste Tiny Desk navideño na seguinte ligazón: YouTube UNED Lugo.