Aberto o prazo de preinscrición para másteres oficiais do curso 2020-2021 na UNED

O prazo ordinario de preinscrición/admisión é do 27 de maio ao 8 de xullo de 2020. Excepcionalmente, o prazo ordinario de preinscrición dos másteres que se relacionan a continuación é do 27 de maio ao 10 de xuño: Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, F.P. e Ensino de Idiomas e Máster Universitario en Investigación en Intelixencia Artificial.

As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición, exclusivamente online. Ao facer a preinscrición será necesario realizar unha proposta das materias nas que se desexa matricular, para o que se recomenda ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado. Os estudantes poderán ser admitidos conforme aos criterios específicos do Máster, logo de valoración de méritos que achegue o interesado.

Para os estudantes antigos no Máster, o prazo de preinscrición será do 10 ao 30 de setembro de 2020.

A matrícula nos estudios de máster realizarase tamén exclusivamente online a través da páxina web da UNED do 7 de xullo ao 22 de outubro de 2020 para os novos estudantes, mentres que para os estudantes antigos será dende a autorización da solicitude de continuación de estudios ata o 22 de outubro de 2020.

Acceso á preinscrición.

Información máis detallada

PREINSCRICIÓN:

  • Estudantes NOVOS: aberto, ata o 8 de xullo de 2020, o prazo de preinscrición.

Oferta de Másteres Universitarios 

Información Másteres Universitarios 

Excepcionalmente, o prazo ordinario de preinscrición nos másteres que se relacionan a continuación remata o 10 de xuño de 2020:

Máster Universitario en Investigación en Intelixencia Artificial.

Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria

Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, F.P. e Ensinanza de Idiomas.

Titulacións de acceso. Curso 2020/2021

Listado de Prazas para a realización das Prácticas 2020-2021 (Indicación das cores: Vermello-non se pode elixir esa especialidade no Centro. Azul- nesas especialidades elixiranse as solicitudes con maior puntuación sen ter en conta o Centro. Son Matemáticas, Tecnoloxía de Máquinas, Tecnoloxía de Sistemas Electrónicos, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. Resto de cores- non significan nada).
No curso académico 2020/2021 incorpórase a especialidade Bioloxía e Xeoloxía, á que poderán acceder:

Licenciados ou Graduados en CC Biolóxicas
Licenciados ou Graduados en CC Xeolóxicas
Licenciados ou Graduados en CC Ambientais
Credencial de Homologación ou Declaración de Equivalencia a Título de Grao na área de coñecemento da especialidade
Credencial de Homologación ou Declaración de Equivalencia a Título de Licenciado na área de coñecemento da especialidade

Os títulos de Máster que non completen as prazas ofertadas no prazo ordinario de preinscrición poderán abrir un prazo extraordinario de preinscrición do 2 ao 9 de setembro de 2020.

 

  • Estudantes ANTIGOS (matriculados con anterioridade no mesmo Máster): do 10 ao 30 de setembro de 2020.De forma excepcional, o Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria abrirá este prazo do 2 ao 9 de setembro de 2020.

MATRÍCULA:

  •  Estudantes NOVOS, do 7 de xullo ao 22 de outubro de 2020. Este prazo de inicio poderá demorarse ata a entrada en vigor da Orde do Ministerio de Universidades que regule os prezo públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos da universidade para o curso 2020/2021.
  • Estudantes ANTIGOS: dende a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 22 de outubro de 2020.

Segundo prazo de matrícula: do 4 de febreiro ao 10 de marzo de 2021.