Aberto o prazo de preinscrición para Mestrados Universitarios Oficiais do vindeiro curso 2023-2024
O prazo ordinario de preinscrición/admisión é do 22 de maio ao 6 de xullo de 2023. Coa excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza antes, o 6 de xuño de 2023:
- Estudos de Xénero
- Formación de Profesores de Español como Segunda Lingua
- Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
- Enxeñaría e Ciencia de Datos
- Intervención Educativa en Contextos Sociais
- Investigación en Historia da arte
- Investigación en Intelixencia Artificial.
- Políticas Sociais e Dependencia
- Prevención de Riscos Laborais; Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
- Psicoloxía Xeral Sanitaria
Pódense consultar aquí as guías de Másteres oficiales
As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente online. Deben ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado para poder realizar a proposta de materias de forma correcta.
Máis información: https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios/masteres/informacion-general/admision-matricula.html