Comeza o segundo prazo de matrícula na UNED

A UNED de Lugo abre mañá un novo prazo de matrícula. Este período está habilitado para a matriculación do segundo cuadrimestre do curso 2020-2021 do 4 de febreiro ao 10 de marzo, e a el  poderán acollerse os estudantes que cumpran as condicións específicas en estudios de Grao, Micrograo e algúns títulos de Postgrao Oficial. Igualmente, poderanse matricular os estudantes que queiran realizar a Proba Libre de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos, do 1 de febreiro ao 11 de marzo.

A UNED de Lugo ofrece a posibilidade de acompañar ao estudante no proceso de matrícula a través de apoio informático e orientación personalizada. Pódese concertar cita previa no teléfono  982280202.

Pode consultar toda información na páxina de matriculación de Portal UNED. Tamén está dispoñible unha presentación interactiva na que encontrará a maior parte das respostas ás  posibles dúbidas.