A directora da UNED de Lugo deu a benvida ao alumnado sénior do curso 23-24
A directora da UNED de Lugo deu a benvida aos novos estudantes da unidade Sénior para o curso 23-24. Hoxe iniciaron as clases 16 alumnos matriculados na no curso básico de inglés e mañá farao o alumnado matriculado nel nivel intermedio de inglés.
Tanto a directora da UNED, como a profesora Cristina Pereira, deron as grazas ao alumnado pola súa confianza e desexáronlles un feliz curso cheo de novas aprendizaxes.
Esta semana tamén se inician as clases da UNED Sénior na aula de Viveiro e no Concello de Sarria.
A directora da UNED recoñece a importancia da UNED Sénior, posto que chea de alegría e dinamismo as mañás do Centro Asociado, cuxa actividade académica discorre, principalmente, polas tardes.